PLAN DIRECTOR DE MOVILIDAD CICLISTA DE LA DIPUTACIÓN DE A CORUÑA

11.06.2018

Simplificando mucho, estas son las cuatro actuaciones principales de este plan: 

  1. RED CICLISTA METROPOLITANA.- Pretende unir todos los tramos de carril bici existentes de un buen número de municipios de forma que se cree una red contínua y homogénea de 83 kilómetros. Su presupuesto total asciende a 3.625.000 €.
  2. AMPLIACIÓN DE LA RED CICLISTA METROPOLITANA.- Aprovechando un estudio previo de la Reserva de la Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, se apuesta por la ampliación del carril metropolitano hacia los municipios menos poblados y más alejados de la urbe. El presupuesto total asciende a 2.500.000 €.
  3. VÍA VERDE SANTIAGO-ORDES-CERCEDA.- Será una senda peatonal-ciclable realizada aprovechando la infraestructura ferroviaria fuera de uso. Se invertirán un total de 3.200.000 € y su longitud serían 38,1 kilómetros. La Asociación de Ciclistas Crunia ha propuesto ampliar esta vía verde hasta nuestra ciudad, de modo que algún día Santiago y A Coruña puedan estar unidas por una senda peatonal y ciclable.
  4. SENDA DOS FAROS.- La provincia coruñesa, a lo largo de sus 956 kms. de costa, cuenta con 26 faros en funcionamiento. El objetivo de la Diputación es conectar mediante una senda peatonal y ciclable estos faros con las poblaciones más cercanas. La inversión total asciende a 3.600.000 €.

Disponéis de más información en este documento que nos ha facilitado la Diputación: 

A MOBILIDADE SUSTENTABLE. A APOSTA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA POLO DESENVOLVEMENTO DA BICICLETA COMO FORMA DE TRANSPORTE

PLAN DIRECTOR DE MOBILIDADE CICLISTA DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E A SÚA PRESENTACIÓN Á CONVOCATORIA DE AXUDAS FEDER -POCS 2014-2020.

Nos últimos anos, a bicicleta foi gañando terreo no discurso institucional europeo na súa concepción de medio de transporte urbano. Neste sentido, resulta un dato revelador o grao de inclusión en diversas resolucións e documentos, onde se establecen as políticas e os criterios de plan, tráfico, transporte, saúde e medio ambiente en relación á bicicleta.

As institucións europeas veñen achegando unha visión integral, respecto das bondades e vantaxes deste medio, desde perspectivas de transporte de persoas, equidade social, respecto polo medio ambiente, eficiencia enerxética e desde o punto de vista económico, xa que non deixa de ser unha alternativa de baixo custo.

Así, a Resolución A-2-183/86 do Parlamento Europeo a favor da bicicleta como medio de transporte urbano, insta ás autoridades locais e aos responsables do plan urbanístico a prestar atención a este medio de transporte alternativo. Pola súa banda, o Libro Verde do Medio Ambiente Urbano publicado no ano 1991, outorga á bicicleta un lugar propio no marco dos medios de transporte alternativos, sen esquecer os V e VI Programas Marco de Acción en materia de Medio Ambiente, que tamén fan referencias análogas.

Dende a Deputación da Coruña temos moi claro que se debe apostar pola mobilidade sustentable, e dentro dela a bicicleta, que como xa indicamos presenta unha serie de bondades e vantaxes máis que contrastadas.

Os beneficios do emprego da bicicleta son múltiples e abarcan diferentes aspectos:

  1. Rapidez: En desprazamentos internos é un medio de transporte máis rápido que o coche. Para as distancias curtas e medias (ata os 5 quilómetros) o tempo empregado en bicicleta é menor que o necesitado co automóbil.
  2. Eficiencia enerxética e de desprazamento: A bicicleta é o medio de transporte cun mellor rendemento enerxético, e ocupan menos espazo que os automóbiles, son vehículos pequenos e lixeiros.
  3. Custo: é o medio de transporte máis económico, tanto polo que se refire á súa adquisición como ao seu mantemento, e non necesita combustible.
  4. Liberdade de movemento: Os usuarios de bicicletas posúen un alto grao de autonomía nos seus desprazamentos porque gozan dun alto grao de independencia de movementos, non hai limitacións de horarios, destinos e aparcadoiros.
  5. Aparcadoiro: Os aparcadoiros de bicicletas son fáciles de implantar e necesitan pouco espazo.
  6. Ecoloxía: É un medio de transporte ecolóxico. Non produce gases tóxicos, nin contaminación acústica.
  7. Beneficios para a saúde: O ir en bicicleta de forma regular pode reducir problemas de obesidade, risco de padecer enfermidades coronarias e pode axudar tamén na prevención e control doutros problemas físicos.
  8. Mellora da contorna urbana nos municipios: O aforro de espazo supón un mellor aproveitamento do espazo e unha redución dos investimentos en infraestruturas. Xéranse efectos na redución da conxestión e aumento da fluidez do tráfico.
  9. Beneficios en termos de contaminación e efecto invernadoiro: A bicicleta contribúe á mitigación do cambio climático, reducindo as emisións de efecto invernadoiro do sector transporte.
  10. Seguridade viaria: A creación de itinerarios ciclistas en condicións adecuadas de sección e características de deseño e explotación supón unha mellora substancial da seguridade viaria para os usuarios respecto da situación previa .


E neste último punto é onde máis se pode facer dende a administración, e dende a Deputación, esta aposta polo transporte en bicicleta xa se está a facer realidade co desenvolvemento da Rede Ciclista Metropolitana da Coruña, un proxecto que unirá tódolos tramos de carril bici existentes de forma que se cree unha rede continua e homoxénea que facilite o uso dos veciños da infraestrutura, e que finalmente se converta nun medio de transporte real e non en simples alternativas de ocio.

Así, na actualidade este proxecto xa está en marcha e conta cun orzamento total de 3.625.000 € , encóntrase practicamente rematado nos Concello de Oleiros e Culleredo, inícianse as obras no Concello da Coruña e a punto de licitárense as obras en Arteixo e Cambre. Deste xeito, o obxectivo de ter rematada a totalidade da rede antes da finalización do presente mandato é alcanzable, e teremos, pois, un total de 83 km de rede ciclista continua e homoxénea, que farán cun veciño poida partir de Cambre e chegar a Barrañán en bicicleta, pasando pola Coruña, Oleiros, etc.

Vendo o anterior, dende a Deputación non queremos que este modo de transporte quede limitado ás grandes urbes e o seu entorno máis próximo, senón que se extenda o máximo posible e chegue ao noso rural, sempre tendo en conta as posibles limitacións orográficas, climatolóxicas e tamén demográficas. Froito deste compromiso redactouse o Plan Director de Mobilidade Ciclista, que recolle propostas individuais, que se agrupan para a súa ordeación, planificación e homoxenización, así como para a búsqueda de financiación.

Con este Plan búscase dotar á Deputación da Coruña dun instrumento de planificación e deseño que permita, a través do fomento do uso da bicicleta na provincia da Coruña, o desenvolvemento de medidas por e para unha mobilidade máis sustentable, respectuosa co medio ambiente e enerxéticamente eficiente.

Este plan servirá de base para a petición de financiación a través dos fondos FEDER, en concreto presentaremos varios proxectos deste Plan Director de Mobilidade Ciclista ás axudas que convoca o IDAE (Instituto para la Diversificación y el Ahorro Energético) dentro do marco das Axudas a Entidades Locais para proxectos de inversión no ámbito da economía baixa en carbono, e neste caso son axudas para concellos de menos de 20.000 hb.

Estes proxectos son:

A Vía Verde Santiago-Ordes-Cerceda // INVESTIMENTO TOTAL:3,2 millóns // Deputación 465.000 € + 964.000 tramo Santiago + 1,86 M€ FEDER

Neste caso trátase de aproveitar a infraestrutura ferroviaria fora de uso para un transporte alternativo, é dicir, para senda peonil-ciclable. Este tipo de infraestruturas, debido ás súas baixas pendentes, son moi adecuadas para o uso da bicicleta, e ás mesmas Directrices de Ordenación do Territorio (actualmente vixentes) chaman a esta reconversión.

O proxecto está en fase de redacción a través dun convenio de colaboración entre os concellos afectados para a o desenvolvemento desta vía verde, xunto cos terreos a disposición a través do aluguer dos mesmos ao ADIF.

Serían un total de 38,1 km de senda ou vía verde, nas que se estima unha inversión de 2,3 millóns de euros para os concellos de menos de 20.000 hab, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda, que sería obxecto da petición dos fondos FEDER, e 0,9 millóns no Concello de Santiago, en total 3,2 millóns de euros.

Senda ciclable ZEC Abegondo Cecebre e Conexión con Carral. AMPLIACIÓN REDE CICLISTA METROPOLITANA. INVESTIMENTO TOTAL 2,5 M€. Deputación 442.000 + Tramo Cambre 324.000 € + FEDER 1,8 M€

Como se indicou inicialmente un dos obxectivos desta Deputación e levar tódolos servizos ao rural, que ninguén sexa menos por vivir fora dunha urbe. Co carril metropolitano en marcha, e aproveitando un estudo previo da Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, decídese apostar pola amplación deste carril metropolitano hacia os concellos menos poboados e máis afastados, isto é, Bergondo, Abegondo, Carral e Betanzos.

Como sabemos, o carril bici metropolitano remata ao pé da presa de Cecebre. Partindo dese punto, e con sendas que utilizan camiños públicos como base perimetramos todo o encoro, saíndo un ramal para Guísamo e outro que aproveita o val do Barcés (con pendentes máis suaves) para chegar a Carral, pasando tamén por varios núcleos de poboación de Abegondo, destacando Sarandóns. O caso de Betanzos no que simplemente nos adentramos no termo municipal na parroquia de Piadela sería obxecto de posteriores estudos dadas ás súas características orográficas e de ordenación.

Así serían un total de 29,8 novos quilómetros de senda ciclable e cunha inversión estimada de 2,2 millóns de euros para os concellos de menos de 20.000 hab, e de 0,3 millóns de euros no caso de Cambre; en total 2,5 millóns de euros.

Senda dos Faros INVESTIMENTO TOTAL 5,1 M€. Deputación 1,5 M€ e FEDER 3,6M€

A nosa provincia conta con 26 faros en funcionamento ao longo dos seus 956 kms. de costa cun enorme valor patrimonial, ambiental e cultural. A potenciación deste espazos, o seu achegamento á poboación son fundamentais. Por iso, e aproveitando o marco da convocatoria das axudas FEDER, decidiuse apostar pola conexión peonil ciclable dos faros coa súa poboación máis cercana mediante sendas.

O apoio á creación destas sendas e vías non debe xustificarse unicamente en termos de sustentabilidade ambiental, senón tamén por aqueles relacionados coa diversificación económica, coas opcións de lecer, turismo e de hábitos saudables.

Así, solicitarase esta axuda, como marcan as bases da convocatoria, para os concellos de menos de 20.000 hab, na seguinte táboa resumo:

Fan un total de 5,1 millóns de euros de inversión estimada para a creación de 59,6 kms. de sendas.

Con estes proxectos anteriores tratamos de vertebrar a provincia e facer chegar ao rural tamén este tipo de infraestrutura. Buscamos que a bicicleta sexa finalmente un modo de transporte nos desprazamentos ao traballo, estudos, etc; non se debe quedar nun vehículo vinculado ao ocio. Con este tipo de redes daremos confianza e seguridade ao ciclista e poñeranse as primeiras sementes para que cada vez máis, como xa é realidade en moitas zonas de Europa, a bicicleta pase a formar parte das nosas vidas de forma cotiá, e se converta nun dos principais modos de transporte polas moitas vantaxes que presenta.

Deputación da Coruña, 23 de abril de 2018.